Campamento de verán Galideporte 2023

O concello de San Cibrao das Viñas organiza o campamento Galideporte 2023 para este verán para os nenos e nenas do municipio:

Nova edición do campamento multideportivo nas instalacións exteriores: "Galideporte San Cibrao" que se celebrará do 3 ó 21 de xullo.

Levaranse a cabo diversas actividades deportivas: fútbol, basket, atletismo, natación, waterpolo, rugbi, senderismo, baile, xogos populares... para fomentar valores tan importantes como o respeto pola natureza, e o compañeirismo.

👉 A quen está dirixido?

Para nen@s nad@s entre os anos 2009 e 2017 (entre 6 e 14 anos ou que cumpran os 6 anos no 2023) empadroados neste Concello eles ou os seus pais ou titores.

📌 Cando e onde?

O campamento Galideporte San Cibrado terá unha duración de tres semanas, do 3 ao 21 de xullo en horario de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres.

Levarase a cabo nas seguintes instalacións deportivas:

  • Ponte Noalla, na cancha e piscina municipal.
  • Soutopenedo no campo de fútbol e piscina municipal.
  • Área recreativa da Boutureira.
  • Saída programada ainda sen concretar.

📝 INSCRICIÓNS

As inscricións poderán formalizarse dende o día 10 de maio ata o día 10 de xuño de forma sinxela nesta mesma páxina enchendo os campos que estarán dispoñibles a partir das 9:00 do día 10 de maio neste mesmo apartado👇, se alguén necesitase axuda, facilitaráselle contactando co Coordinaor de Deportes (Juan Otero: 608275776).

Crearase un grupo de  de WhatsApp cos titores para informar de todas as cuestións relativas ao desenvolvemento das actividades (protocolos, saídas, indumentaria, etc).

Prazas esgotadas!!