Empresas

No Concello de San Cibrao das Viñas temos asentados 3 importantes polígonos industriais, con empresas que desenrolan a súa actividade en diversas áreas (agroalimentaria, madereira, textil, tecnolóxica..) e que conforman a este municipio como o "motor económico/industrial de Ourense".


Parque Tecnolóxico de Galicia "Tecnópole"

Tecnópole inaugurouse o día 10 de outubro de 1992, comenzando a desenrolar a súa actividade en marzo de 1993.
Tecnópole ocupa unha superficie total de 55 hectáreas, estando prevista una próxima ampliación que permitirá dispoñer de case 100 Ha para a ubicación de empresas e centros tecnolóxicos, ademáis de numerosas e amplias zonas verdes, aparcamentos, accesos, viais, zona deportiva e heliporto.

Web: www.ptg.es
Directorio de empresas

Zona Comercial Barreiros

Segundo o Artigo 1 dos nosos Estatutos "Con nome de ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE BARREIROS constitúese unha Organización empresarial para representar, xestionar, fomentar e defende-los intereses profesionais dos empresarios asociados, ante toda clase de persoas e entidades, públicas ou privadas e singularmente ante a Administración e as Organizacións sindicáis dos traballadores, con plena capacidade de obrar e autonomía administrativa".
Entre os nosos obxetivos estan promover e defende-los intereses empresariais, ofrecer un servicio de calidade, fomenta-lo asociacionismo empresarial, crear proxectos de apoio ás empresas, ampliar e mellora-las instalacions do Polígono.

Web: www.poligonobarreiros.com
Directorio de empresas

Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas "David Ferrer Garrido"

O 29 de setembro de 1979, un grupo de empresarios instalados no Polígono decidiu unirse para defender os seus intereses xerais e comúns e crear, así, a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.
Actualmente, o Polígono de San Cibrao ten unha extensión de 3.250.000 metros cadrados, cunha superficie útil de aproveitamento industrial de uns 2.500.000 metros cadrados, nos que están ubicadas algo máis de 180 empresas, das que 158 pertenecen á Asociación de Empresarios. Estas empresas dan emprego a máis de 5.000 traballadores.

Web: www.poligonosancibrao.com
Directorio de empresas

Actualidade

O tempo

O Tempo

+ info

Axenda

  • 25.06.10 Actos

    Titeres

  • 28.05.10 Actos

    Teatro

+ info

Novas

+ info

Praza da constitución, 1 <GPS>

32911 San Cibrao das Viñas - Ourense

Tel.: 988 38 10 34 - Fax: 988 38 11 01

info@sancibrao.es

Validacións

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS