Acceso rápido

Empresas

Concello | Escola Os Pequerrechos

Escola Infantil Municipal "Os Pequerrechos"

Esta sección irase completando con información da Escola infantil municipal "Os Pequerrechos"

Documentación interna da Escola

Ponse a disposición, en formato PDF, o Regulamento de réxime interior da escola infantil municipal "Os pequerrechos"

Regulamento de réxime interior versión GL.080912.a, PDF 116Kb

Taxa por servizo de Gardería Municipal 2010/2011, PDF 65Kb

Instrucións de matriculación no curso 2010/2011

Nesta sección facilitamos o proceso a seguir para a matriculación dos nenos e nenas que desexen asistir a esta escola infantil para o curso que comeza en setembro do ano 2010 e que e válido para nenos e nenas nados a partir do 1 de xaneiro de 2008.

Prazos:

Do 1 ó 20 de marzo: Este prazo só e necesario para os alumnos/as que están matriculados/as no curso actual na escola e desexen continuar na mesma. Para o cal deberán presentar a folla de solicitude de reserva de praza. selada no rexistro de entrada do Concello, que se facilita nesta páxina web, nas instalacións da escola infantil e no propio Concello, xunto coa documentación seguinte:

  • Certificado actual de empadroamento e relación do núcleo de convivencia do Concello onde resida a unidade familiar.
  • Ingresos actuais do núcleo de convivencia acreditados cos últimos pagos (nóminas, pensións, subsidios de desemprego, etc).

Formulario: Solicitude de reserva de praza.

Unha vez comprobada a realización deste trámite, estes alumnos/as terán garantido o acceso o novo curso sempre que formalicen o pago da correspondente matrícula previa comunicación do Concello.

Do 1 ó 20 de abril: Este prazo vai dirixido a todos os/as nenos/as que soliciten praza por 1ª vez na escola infantil, e durante o mesmo terán que presentar a solicitude de praza. selada no rexistro de entrada do Concello, que se facilita nesta páxina web, nas instalacións da escola infantil e no propio Concello, xunto coa documentación seguinte:

  • Fotocopia do libro de familia dende a primeira folla ata a ultima cuberta.
  • Título ou equivalente de familia numerosa, no seu caso.
  • Fotocopia do DNI, do Pasaporte ou documento acreditativo do pai/nai ou titores legais, en vigor.
  • Certificado de empadroamento e relación do núcleo de convivencia (certificado de convivencia) do Concello onde resida a unidade familiar.
  • Copia da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
  • Os/as profesionais autónomos/as deberán de achegar o recibo que acredite o pago do seguro de autónomo onde conste a súa base de cotización do ano en curso.
  • Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerce a patria potestade achegando sentenza ou convenio regulador no seu caso.
  • Documentación acreditativa no caso de cursar estudos oficiais.
  • Copia da última nómina e certificado da empresa con especificación da xornada laboral de todos os membros da unidade familiar que aparezan no certificado de convivencia. No caso de figurar pensionistas no núcleo de convivencia, copia do certificado da pensión percibida.
  • Fotocopia da tarxeta do INEM, si se atopa como demandante de emprego, e si se está cobrando algunha axuda, certificado do organismo correspondente que o acredite.
  • No caso de non poder achegar documentación xustificativa de ingresos, declaración xurada ó respecto dos membros que proceda. Vida laboral das persoas maiores de 18 anos que convivan no núcleo familiar.
  • Certificado de minusvalía alegada polos membros da unidade familiar.

Formulario: Solicitude de praza.

Durante o mes de maio: Faranse públicas as listas provisionais de admitidos/as, excluídos/as e a lista de agarda para o curso 2010/2011 nesta mesma páxina, no taboleiro de novas do Concello e nas oficinas da escola infantil, e unha vez transcorrido o prazo establecido no artigo 21º do regulamento de réxime interior, elevarase a dita lista a definitiva, e publicarase durante o mesmo mes.

Listado provisional: Relación provisional de admitidos e excluídos coa puntuación obtida.(PDF 378 KB)

Listado definitivo: Relación definitiva de admitidos e excluídos coa puntuación obtida.(PDF 378 KB)

Durante o mes de xuño: Os nenos/as que figuren como admitidos/as na lista definitiva terán que facer efectivo o ingreso da matrícula na conta bancaria que se lles facilitará ó efecto, e de non facelo, decaerá o dereito á praza.

Conta bancaria: Dispoñible en xuño...

Para a resolución de calquera dúbida:

Na Escola infantil no número 988 384958, ou directamente a coordinadora da Escola infantil Susana Doval no número 608 931615.

Actualidade

O tempo

O Tempo

+ info

Axenda

  • 25.06.10 Actos

    Titeres

  • 28.05.10 Actos

    Teatro

+ info

Novas

+ info

Praza da constitución, 1 <GPS>

32911 San Cibrao das Viñas - Ourense

Tel.: 988 38 10 34 - Fax: 988 38 11 01

info@sancibrao.es

Validacións

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS