Acceso rápido

Empresas

Concello | Punto de Información Catastral

O Concello de San Cibrao das Viñas, dende o ano 2008, ten autorizado o establecemento do Punto de Información Catastral (PIC), coa finalidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral ós titulares que non dispoñen dos medios técnicos apropiados, ofrecendo ó cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual de Catastro sen máis que a solicitude do servizo.

O PIC do Concello de San Cibrao das Viñas ten un papel intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ó que poderá subministrar tódala súa información actualizada existente na base de datos nacional, mediante a xeración de documentos no que conste a data de expedición máis un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, e gozarán de plena validez e eficacia.

Dende calquera PIC o titular catastral, por si ou mediante representación, e con só a presentación do seu DNI, pode acceder ós seguintes servizos, de xeito totalmente gratuíto:

- Consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.

- Consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo ós bens inmobles da súa titularidade.

O PIC do Concello de San Cibrao das Viñas atende as demandas de información catastral no horario de luns a venres, de 9:00 á 13:00 horas.

Ligazóns recomendadas:

Oficina Virtual de Castastro

Web Oficial de Castastro

Actualidade

O tempo

O Tempo

+ info

Axenda

  • 25.06.10 Actos

    Titeres

  • 28.05.10 Actos

    Teatro

+ info

Novas

+ info

Praza da constitución, 1 <GPS>

32911 San Cibrao das Viñas - Ourense

Tel.: 988 38 10 34 - Fax: 988 38 11 01

info@sancibrao.es

Validacións

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS