Acceso rápido

Empresas

Concello | Saúdo da alcaldesa

Compráceme saudarlles novamente dende esta páxina Web para darlles a benvida a este renovado espazo de información, que desexa estar á altura das novas circunstancias de comunicación en Internet.

Con motivo desta importante mellora no portal Web do Concello de San Cibrao das Viñas, é o noso desexo dar a coñecer os novos servizos que nel se inclúen, co fin de facer máis fluída a nosa relación cos usuarios que nos visiten.

Neste novo portal poderán atopar a información que precisen sobre o seu municipio e as empresas que nel se asentan, ademais de ter acceso a moitas das xestións que a Administración Local ofrece.

Por todo isto invítolles a visitar esta e todas as páxinas que compoñen este espazo Web, para que así, e coas vosas suxestións, podamos mellorar continuamente este e os demais servizos que lles ofrece este Concello.

E para todos aqueles que gusten de visitarnos, brindámoslles un punto de referencia para coñecer e descubrir o noso fermoso municipio.

Coa esperanza de que todo isto represente unha nova mellora de benestar para todos nós, aproveito a ocasión para darlles un cordial saúdo.



Firma: Dª. Elisa Nogueira

 

Actualidade

O tempo

O Tempo

+ info

Axenda

  • 25.06.10 Actos

    Titeres

  • 28.05.10 Actos

    Teatro

+ info

Novas

+ info

Praza da constitución, 1 <GPS>

32911 San Cibrao das Viñas - Ourense

Tel.: 988 38 10 34 - Fax: 988 38 11 01

info@sancibrao.es

Validacións

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS