Acceso rápido

Empresas

Concello | Comarca

A COMARCA DE OURENSE: O municipio de San Cibrao das Viñas pertence á comarca de "Ourense", que está integrada polos municipios de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén e Vilamarín. A cabeceira comarcal está situada na capital da provincia, Ourense .


Infraestructuras de comunicación

No plano das comunicacións, o municipio de San Cibrao das Viñas atópase atravesado de norte a sur pola Autovía A-52 (Vigo-Benavente), que comunica o municipio co resto da provincia de Ourense, coa provincia de Pontevedra e coa Meseta. Esta vía rápida complementase coa estrada N-525 (Zamora- Santiago) que establece as comunicacións de San Cibrao das Viñas con Ourense e coa provincia de A Coruña e coa estrada N-540 (Lugo a Portugal por Ourense) que comunica San Cibrao das Viñas con Lugo e Portugal. Este sistema viario de campo supramunicipal xunto co ferrocarril Ourense-Zamora que tamén atravesa o municipio, permiten as comunicacións de San Cibrao das Viñas coa provincia, cos principais centros urbanos de Galicia, así como coa Meseta e o Norte de Portugal.

A nivel comarcal, as comunicacións de San Cibrao das Viñas, cos restantes municipios que integran a comarca de "Ourense" basanse no sistema viario citado anteriormente, que se complementa con outras vías de campo supramunicipal; Autonómicas e da Deputación cómo:

  • CARRETERAS AUTONÓMICAS: OU-320 (Piñeira de Arcos-Ponte Noalla). Comunica a zona industrial de San Cibrao das Viñas con Allariz, e con Ourense a través da OU-105. OU-101 (Ourense-Maceda). Comunica Ourense e SAN CIBRAO DAS VIÑAS co Municipio de Maceda. OU-105 (Ponte Noalla-Ourense). Enlaza coa estrada OU-320 e comunica Ourense coa zona industrial de San Cibrao, e con Allariz a través da OU-320.

  • CARRETERAS DA DIPUTACIÓN: CP-1 (Finca Sevilla-Celanova). Comunica Ourense con A Merca e Celanova, atravesando o núcleo de San Cibrao. CV-1D (Cumial-Salgueiros). Comunica o Polígono industrial de San Cibrao cos municipios de Taboadela, Paderne de Allariz e Baños de Molgas. No interior do municipio de San Cibrao actúa como vía urbana sendo unha das arterias principais do Polígono de San Cibrao. CV-322 (Cruz de Rante-Santa Leocadia). Comunica os núcleos de Rante en San Cibrao, co núcleo de Santa Leocadia no municipio de Taboadela. CV-647 (Enlace de Estrada. N-525 con Ourense-Maceda). Enlaza a estrada. OU-105 coa estrada OU-101 polo municipio de San Cibrao. Constitúe outra das arterias principais do Polígono Industrial de San Cibrao.

Equipamentos

No interior da comarca destaca, no plano de equipamentos e servizos a Cidade de Ourense que se constitúe no principal centro urbano que polariza a oferta comercial, os servizos e os principais equipamentos culturais, sanitarios, docentes, deportivos, etc. da comarca. Polo tanto en plano comercial e nos principais equipamentos e servizos, tanto S. Cibrao das Viñas como os restantes municipios da comarca dependen da Cidade de Ourense.

Características Socio-económicas

A comarca de "Ourense" contaba no ano 2001 con 141.735 habitantes, dos cales máis das tres cuartas partes (77%) asentábanse no municipio de Ourense e o 23 % restante repartíase entre demais municipios de comarca na seguinte proporción: Amoeiro (1,57%), Barbadás (4,87%), Coles (2,26%), Esgos (0,09%), Nogueira de Ramuín (1,81%), Pereiro de Aguiar (3,75%), A Peroxa (1,8%), San Cibrao das Viñas (2,6%), Toén (1,18%) e Vilamarín (1,59%).

Atendendo a traxectoria demográfica, desde o ano 1986 a poboación da comarca gañou poboación paulatinamente, cunha pequena recesión no período 1991-1996. Así desde 1986 ata 2001 a comarca gañou 6.087 habitantes o que supón un crecemento dun 4,29%. Este crecemento estivo influenciado polo forte incremento de poboación da cidade de Ourense. Sen embargo a tendencia progresiva da comarca non é común a tódolos municipios que a integran, xa que no mesmo período tódolos municipios, excepto Barbadás (42,3%), Ourense (13,5 %) e San Cibrao das Viñas (0,2 %), perden poboación.

Respecto a actividade económica comarcal, a distribución da poboación activa por sectores productivos é a seguinte: En primeiro lugar sitúase o sector terciario, cunha participación do 56,2 %, seguido do sector secundario (30,7%), situándose no último lugar o sector primario cun índice de participación que descende ata o 8,2 %. A nivel municipal destaca Ourense no sector terciario, cunha participación que se cifra no 62,4 % da súa poboación activa, configurándose como o principal centro comercial, de equipamentos e servizos da comarca. Nos demais municipios a porcentaxe de poboación activa que traballa no sector terciario é sempre superior ó 24 %. Non obstante esta alta participación débese a que boa parte da poboación activa destes municipios desenvolve a súa actividade na Cidade de Ourense. No sector secundario as cotas de poboación activa oscilan, entre o 29,3% de Ourense e o 40% de Barbadás. Se desglosamos o sector secundario entre as ramas de industria e construcción, Coles (27,1%) e Barbadás (24,4%) destacan no sector industrial e, Amoeiro (26,7%) e Pereiro de Aguiar (24,1%) na construcción. Non obstante, como indicábamos anteriormente os altos índices de participación dalgúns municipios no sector secundario, son debidos a que parte da poboación activa destes municipios traballa na construcción en Ourense e no polígono industrial e no Parque Tecnolóxico de S. Cibrao das Viñas. No sector primario sobresae A Peroxa (40,7 %), seguida de San Cibrao das Viñas (39,6 %). Non obstante séguenlle a corta distancia os municipios de Vilamarín (37,5 %) e Esgos (30,8 %).

Vivenda

A comarca de "Ourense" contaba no ano 1991 con 64.425 vivendas, das cales o 74,1 % (case as tres cuartas partes das vivendas totais) radícanse en Ourense e o 25,9 % restante, distribuíase entre os demais municipios que integran a comarca, na seguinte proporción de maior a menor; Pereiro de Aguiar (4,1%), Barbadás (3,3 %), Nogueira de Ramuín (3,1%), Coles (3%), San Cibrao das Viñas (2,6%), Amoeiro (2,3%), Toén (2,1%), A Peroxa (2,1%), Vilamarín (1,7%) e Esgos (1,6%).

Atendendo a evolución do parque de vivendas, entre 1981 e 1991 o parque de vivendas da comarca aumentou en cifras absolutas en 9.545 vivendas, o que representa un incremento do 17,5 %. Neste mesmo período a comarca gaña 2.677 habitantes, o que representa un aumento dun 2,1 %. Destas cifras despréndese que o crecemento do parque de vivendas na comarca é moi superior ó experimentado pola poboación, debido fundamentalmente ó forte incremento da vivenda de segunda residencia e da vivenda desocupada. Así, no período de análise caben destacar os municipios de Pereiro de Aguiar (52,2 %), Barbadás (42,7 %) e Esgos (28,6 %), como os de maior crecemento habitacional. Ó realizala análise por tipos de vivenda, obsérvase que a nivel comarcal o número de vivendas desocupadas descende desde 1981 en 1.126 vivendas, alcanzándose no ano 1.991 a cifra de 12.439 vivendas desocupadas, das cales unha alta proporción (9.407 vivendas) corresponden a Ourense. As vivendas de segunda residencia aumentaron en 4.523 unidades desde 1981 e cífranse en 8.499 vivendas no ano 1991. Os municipios que ofrecen maior incremento de vivendas de segunda residencia, son Esgos de 7 a 320, San Cibrao das Viñas que pasa de 3 a 128, Amoeiro de 12 a 478 e Pereiro de Aguiar de 45 a 749. Non obstante en tódolos municipios incrementa a segunda residencia. Estes municipios sitúanse na área de influencia de Ourense, absorbendo boa parte da vivenda de segunda residencia da capital da provincia. Por outra parte os municipios con maior incremento de vivenda secundaria son os que presentan un maior descenso da vivenda desocupada a excepción de Coles, Esgos, Pereiro de Aguiar, Toén e Vilamarín que presentan un aumento da mesma.

Actualidade

O tempo

O Tempo

+ info

Axenda

  • 25.06.10 Actos

    Titeres

  • 28.05.10 Actos

    Teatro

+ info

Novas

+ info

Praza da constitución, 1 <GPS>

32911 San Cibrao das Viñas - Ourense

Tel.: 988 38 10 34 - Fax: 988 38 11 01

info@sancibrao.es

Validacións

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS