Axuda para a compra de libros e material escolar do segundo ciclo de Educación Infantil

O vindeiro mes de setembro ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para a axuda da compra de libros e material para escolares que cursen o segundo ciclo de Educación Infantil dentro da provincia no curso 2023-2024.

A cuantía máxima a subvencionar establécese en 145 euros.

Prazo de presentación: Do 1 ao 29 de setembro.

Requisitos xerais: 

  • Estar empadroados no concello de San Cibrao das Viñas polo menos o pai, nai ou titor do neno cunha antigüedade dun ano á data da convocatoria da axuda.
  • Ter presentadas as solicitudes e a documentación requerida.
  • R.P.C. anual das familias ás que se lles concede a axuda, non poderá exceder duns ingresos netos de 7.200€ por membro familiar ao ano.
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa AEAT, ATRIGA e da Seguridade Social, así como dos impostos municipais, o pago destes últimos será comprobado de oficio polo Concello.

A instancia presentarase preferiblemente por vía electrónica na súa sede ou de forma presencial no Concello e, entre outra documentación que se adxuntará á solicitude, será obrigatorio entregar:

  • Factura orixinal detallada da compra e titular da mesma, pai/nai ou titor do solicitante.
  • Certificado ou informe do centro onde o alumno/a realice estudos no que se especifique o curso onde está matriculado.
  • Listado de libros e material escolar indicado polo colexio.
  • Copia do DNI/NIE en vigor do solicitante, e copia do Libro familiar, de ser o caso.
  • Certificado de convivencia.
  • Xustificación de ingresos familiares.